Ao abeiro do decreto 44/2006, do 2 de marzo, que determina a estrutura dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta, establécese que á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores compételle o deseño e a elaboración de plans e estratexias que fixen as prioridades xeográficas e sectoriais de actuación no ámbito exterior por parte do Goberno galego. Portugal, Bruxelas e as institucións europeas e América Latina constitúen os diferentes escenarios prioritarios neste sentido.
Así, a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores canaliza a información que se xera no ámbito da UE que poida ser de interese para os diferentes departamentos da Xunta de Galicia e para a sociedade galega en xeral; ocúpase da análise do contorno internacional e da súa ligazón coa Comunidade Autónoma; xestiona as competencias de cooperación ao desenvolvemento; traballa na intensificación das relacións co norte de Portugal; e encárgase do fomento da imaxe integral de Galicia no exterior, entre outras cuestións.
A Secretaría Xeral estrutúrase nunha Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea; unha Subdirección Xeral de Análise e Programación, unha Subdirección Xeral de Xestión, Contratación e Coordinación Administrativa e un Servizo de Cooperación Interrexional Europea.
Adscrita á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores está a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, a quen lle corresponde a dirección e coordinación das actuacións en materia de cooperación exterior e, máis concretamente, no que atinxe á cooperación ao desenvolvemento. Paralelamente, dependen da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores as delegacións da Xunta en Buenos Aires e Montevideo; a Fundación Galicia Europa –con sedes en Bruxelas e Santiago; e a Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.
O secretario xeral de Relacións Exteriores e presidente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, Julio Fernández Mato, visitou esta mañá as instalacións de Farmamundi e sentou as bases...
O Padroado da Fundación Galicia Europa (FGE) reuniuse hoxe para aprobar o Plan de actuación do organismo para este ano 2009 As principais liñas de actuación...
No decurso da sesión, que se celebra entre hoxe e mañá en Bruxelas, presentarase un documento preparatorio para o futuro ditame sobre Control Comunitario...
O hospital foi posto a disposición da ONG Solidaridad Médica para despregar na selva amazónica de Bolivia co obxecto de contribuír á mellora...
O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, participou en Bruxelas nun grupo de traballo interrexional europeo que promove a articulación...
Buenos Aires (Arxentina), 19 de novembro de 2008.- O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Julio Fernández Mato, destacou esta mañá...
Montevideo (Uruguai), 15 de novembro de 2008.- O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, e o presidente da Confederación de Empresarios...
Valencia, 20 de febreiro de 2009.- A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia (FAHG) e Farmamundi colaborarán de xeito estable para poñer en marcha accións...